A excelencia do leite galego nos medios
Hai un tempo contamos o orgullo de anunciar que Anónimo Advertising foramos a axencia seleccionada para levar a cabo a promoción do leite galego nos medios.
Desde este mes de outubro, estase a emitir esta nova campaña, organizada pola Consellería do Medio Rural. Con ela, búscase impulsar o consumo de leite galego e destacalo como sinónimo de calidade.
Unha campaña para destacar a calidade e autenticidade do leite galego
Galicia segue a liderar a produción láctea en España, achegando o 40% do leite nacional. O noso obxectivo é claro: inspirar aos consumidores a elixir a autenticidade e recoñecer o selo Galega 100% como garantía de calidade e tradición en cada vaso de leite. 🐄✨
📺 En televisión, 📻 radio, 📰 prensa e 💻 medios dixitais, a campaña chega aos fogares para lembrar que o noso leite é sinónimo de autenticidade e excelencia. Encántanos formar parte desta iniciativa que pon en valor un sector esencial da nosa terra.